Mostrando entradas con la etiqueta illas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta illas. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2026

Saída de fin de curso: visita á illa de San Simón

 O pasado venres, as aulas de terceiro e cuarto de primaria do cole  realizamos a nosa saída de fin de curso. Foi un día moi completiño!!

     Primerio fomos ata Vigo para coller un barco que nos levaría pola ría de Vigo ata Meirande.



                                          En Meirande visitamos o seu museo e merendamos!!

 
 

    Despois da merenda, puxemos rumbo cara a illa de San Simón. Ali realizamos diferentes actividades: visita guiada, onde poidemos coñecer a historia da illa, e, despois de comer, fixemos un xogo de pistas pola illa.


 


 PASÁMOLO XENIAL!!

martes, 21 de junio de 2022

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Chegou xuño e con el a excursión de fin de curso! As nenas e os nenos de 3º fixeron unha viaxe inesquecible! Primeiro, visitamos a Praia de Carril, onde exploramos as diferentes especies mariñas que iamos atopando. Cando a marea o permitiu, cruzamos en barco á Illa de Cortegada. Aí apareceron os nervios, pero resultou un traxecto moi divertido. Na illa puidemos desfrutar da natureza, bañármonos e pasalo en grande con boa compañía! O tempo pasou voando. Foi un día para recordar!

domingo, 2 de junio de 2019

A ilusión apodérase de nós

Despois de moitas actividades e tarefas, o alumnado de 3º conseguiu rematar o quebracabezas do proxecto anual. Isto permitiulles descubrir a recompensa final...

Unha excursión ás ILLAS CÍES!

Para saber se lles fixo ilusión, só hai que ver as súas caras.



O luns arrancamos a aventura.