lunes, 23 de mayo de 2022

Entrevistamos a peregrin@s!

Os rapaces e rapazas de terceiro continúan a traballar no proxecto “Barro no Camiño”. Nesta ocasión, fixeron de reporteir@s e entrevistaron a peregrinos e peregrinas de diferentes nacionalidades. Entre outras cousas, falaron das emocións que se viven facendo o Camiño de Santiago.

Aquí podedes ver un vídeo con algúns fragmentos das diferentes entrevistas. Este vídeo formará parte dos carteis para @s peregrin@s que se colocarán en Barro nas vindeiras semanas. 


Esperamos que vos guste!




miércoles, 11 de mayo de 2022

Os pareados do Camiño

En terceiro estamos traballando no proxecto Barro no Camiño e, nas vindeiras semanas, estarán listos uns carteis que se colocarán ao longo do tramo do Camiño Portugués que pasa polo noso pobo. 

Unha das actividades consistiu na creación duns fantásticos e divertidos pareados sobre as diferentes rutas do Camiño de Santiago. Aquí tedes por adiantado o vídeo que se incluirá cun código QR nestes carteis,

 Vaia poetas!!!



lunes, 2 de mayo de 2022

En terceiro dicimos NON AO BULLYING!

Hoxe, luns 2 de maio de 2022, conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. Por iso, os rapaces e rapazas de terceiro quixemos gravar un vídeo narrando o conto Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar e André Neves. Trátase dunha fermosa obra coa que se busca concienciar sobre este tema. 

No CEIP Amor Ruibal dicimos 

NON AO BULLYING!!!