No marco da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, o alumnado de 4º de Primaria desenvolveu interesantes actividades artísticas, de lectoescritura e de valores, tomando como eixo central o Guernica de Pablo Picasso.
A partir do famoso cadro, o alumnado reflexionou sobre as fatais consecuencias da guerra para a infancia como a traxedia dos nenos soldados, as mortes, as enfermidades, a dor ou a vulneración dos dereitos máis básicos (familia, vivenda, alimentación, educación...).
Logo, cada nena e cada neno decorou o seu propio "Guernica" e completouno con mensaxes en contra da guerra e a favor dunha convivencia pacífica.
Magníficos traballos!!!
"Todas as guerras,
xustas ou inxustas,
desastrosas ou vitoriosas,
son guerras contra os nenos".
(Eglantyne Jebb,
promotora dos Dereitos da Infancia
e fundadora de Save the Children)