viernes, 19 de diciembre de 2014
jueves, 18 de diciembre de 2014
Chegou o Nadal
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º traballamos moito para facer un nacemento de plastilina.
Mirade aquí o resultado:
Mirade aquí o resultado:
Tamen fixemos unha árbore de Nadal con folios de cores....
lunes, 15 de diciembre de 2014
Espantallo amigo
Este é un traballo dos nenos e nenas de 3º que ilustraron o conto "Espantallo amigo". Esperamos que vos guste:
sábado, 25 de octubre de 2014
Samaín
No Samaín non poden faltar as cabazas, as pantasmas, as caveiras, os esqueletos, os morcegos . . . nin a música, como esta bonita canción de Jesús Pareja cantada por Andrea Picos:
lunes, 26 de mayo de 2014
SÉS co alumnado de 3º e 4º
Sés estivo con tod@s nós o día 21 para recoller o VI Premio MIMI. Pasámolo pipa!!!! Ten un chorro de voz que debe chegar, polo menos, de aquí a Pekín. E, ademais, é moi simpática e prestouse para facer fotos con tod@s. Aquí podedes vermos con ela. A que estamos guap@s?
E asinounos un autrógrafo e todo!!!! E, para que non se estropease, na clase fixémoslle un marco que quedou chulísimo. VIVA MIMI !!!! VIVA SÉS !!!!
jueves, 22 de mayo de 2014
Festa da Lingua 2014
Neste video podemos ver e escoitar a Carla e a Rodrigo no momento de recoller os seus premios na Festa da Lingua, celebrada no Espazo de Usos Múltiples da Azucreira de Portas.
Sodes uns campións !!! A seguir lendo e compoñendo !!!
martes, 13 de mayo de 2014
A Carrasquiña
A carrasquiña é unha danza moi divertida porque ten xestos moi fáciles, bailamos con distintas parellas e, ademais, non sempre á mesma velocidade. No noso colexio aprendímola tod@s. Aquí tedes un exemplo. Pasámolo pipa !!
sábado, 10 de mayo de 2014
Concurso de Micropoemas
Carla Vázquez Palacios, de 4º curso, e Rodrigo Romero Castro, de 5º, resultaron premiados no Concurso de Micropoemas "Terras do Umia" convocado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Moitos parabéns!!!
Pinchando na imaxe d@s gañador@s accederedes a máis información ofrecida no blogue da nosa biblioteca:
lunes, 7 de abril de 2014
Ás de mosca para Anxo.
Aquí podemos ver os traballos que fixeron os nenos e as nenas de 4º sobre o libro que estamos lendo. Mirade que ben quedaron!
lunes, 17 de febrero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)