jueves, 28 de mayo de 2015

Grupo de danzas Amor Ruibal

     Andrés Lorenzo, director do Grupo de Danzas Amor Ruibal, veu ao noso colexio para amosarnos un montón de instrumentos tradicionais galegos: pandeiros, pandeiretas, tambores, bombos, frautas, gaitas . . . 
     Explicounos cómo se construían antes e cómo se constrúen agora; cómo se tocaban antes e cómo se tocan agora. Pero o que máis nos gustou foi cando facía música con eles e todo vibraba ao seu son.
     Ao final da sesión, algúns tamén puidemos probar algún instrumento e bailar seguindo o ritmo do cuarteto que marcaba a gaita (Andrés), o tamboril (Gonzalo Negreiro), o bombo (o noso compañeiro Daniel) e a pandeireta (Nerea Búa, exalumna do noso colexio).

     ¡ ¡ ¡ Que gozada ! ! !     

     ¡ ¡ ¡ Moitííííísimas grazas ! ! !