1ª) Como se explica no reglamento, os avións das modalidades que teñen que voar hai que entregalos por anticipado: con deixalos na aula de 4º o luns día 13 é suficiente. Os avións da modalide tuning non se entregan antes por varios motivos: para non estropear as decoracións, para conservar o factor sorpresa,...
2º) A ficha de inscripción ten tres recadros, un por cada modalidade, que teñen que estar cubertos para poder participar. Obviamente os verificadores deixarán unha marxe de erro (ninguén vai ser descalificado por un par de milímetros), pero si que aplicarán unha penalización polos datos que estén claramente incorrectos (-1m por cada un), ou directamente impedirán participar ós que directamente non respondan.
3º) O modelo de avión en calquera das tres modalidades é libre (e a cor do folio tamén). É máis, animámosvos a que fagades deseños complexos, variados, innovadores,... Como moitos/as só dominades o modelo dart, tamén chamado arrow (dardo ou frecha), imos facer unha recomendación: visitade as seguintes páxinas web... e deixade voar a vosa imaxinación.
- A web Avioncitos de papel ten moitos modelos e trucos.
- En FoldNFly, unha das páxinas clásicas, incluso están os modelos clasificados e explicados (nunha web dun xornal español comentaron as súas explicacións fai pouco)
- Outra web moi coñecida, que tamén ten instruccións, é Funpaperairplanes, de visita recomendada.
- E outra máis con moi bos videos: Paperaeroplanes (onde comprobaredes o chulos que quedan se usamos papeis de cores).
- A portal Papiroflexiamania ten unha sección dedicada ós avións, como non podía ser doutra forma, na que atoparás videotitoriais.
- O mesmo pasa cunha páxina similar pero en inglés: Origami-instructions.
- Veña, outra web en inglés con varios modelos sinxeliños: non vos preocupedes, só con ver as imaxes chega.
- Tamén neste post de Taringa explican 12 modelos, e neste outro 20, así que por información non será, non?