Mostrando entradas con la etiqueta etnografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta etnografía. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de enero de 2020

COÑECEMOS O MUNDO

Dentro do proxecto anual de aula, as nenas e nenos de 4º estivemos buscando información interesante sobre os distintos lugares que cada neno e nena representa dentro do seu equipo: Vilna, Berlín, Manila... Grazas a isto aprendemos cousas como: comidas típicas, idiomas, bandeiras, moedas...

Finalmente, os resultados destas investigacións foron expostos na Biblioteca do centro.


Aquí volo deixamos:

           




           
             


                                   




martes, 5 de diciembre de 2017

Visitamos a Muiñada de Barosa


O venres, día 1 de decembro, os alumnos e alumnas de 3º fomos ao parque natural de Barosa para facer un obradoiro de elaboración de pan, organizado pola “Muiñada de Barosa”, e a súa vez, participar nunha gravación da CRTVG para o programa “Aquí Galicia”, que se emitirá o vindeiro sábado día 9 de decembro co gallo da II Raxofesta.


En canto chegamos, xa nos estaban esperando tanto os panadeiros coma os reporteiros da tele para comezar co obradoiro. Primeiro, explicáronnos as principais partes dun muíño e o seu funcionamento, incluso moemos unha pouca fariña e despois peneirámola.


Logo tocou a quenda de mesturar os ingredientes para facer a masa do pan, así que botamos fariña, ovos, aceite, manteiga. . . e remexemos ben. 

   
De seguido chegou o momento que máis desexabamos: amasar o pan e darlle forma  (de trenza, de fanchucos, croissants, roscóns. . .) para despois enfornalos.



Finalmente, e para recuperar enerxías, convidáronnos a un rico chocolate con biscoito e galletas; e ademais agasalláronnos cuns fanchucos.

Umm... que bo estaba todo!


Moitísimas grazas ! 


lunes, 10 de julio de 2017

Roteiro de 4º por Perdecanai

Explorando a Pedra do Home




Polos camiños do monte

Arón bautizou esta pedra como a Pedra da Hamburguesa
Escalando perigosas montañas. A que si o parece?

Polos muiños do Souto de Lux

Na fonte de Perdecanai recuperámonos do cansanzo da viaxe