viernes, 8 de abril de 2022

Conmemoramos o Xacobeo decorando o corredor de terceiro coa temática do Camiño Portugués!

Durante este curso, aproveitando que é ano Xacobeo e que o Camiño Portugués pasa polo noso pobo, os rapaces e rapazas de terceiro están investigando sobre o Camiño de Santiago.

A última actividade realizámola en colaboración co alumnado de segundo e consistiu na investigación e posterior decoración do corredor que vai ás nosas aulas. Nel pódese ver a ruta e as diferentes etapas do Camiño Portugués. Quedou chulísimo!

Aquí podedes ver unhas fotos co resultado final e co alumnado orgulloso do seu traballo.
















DÍA MUNDIAL DA SAÚDE


PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (7 DE ABRIL) OS NENOS E NENAS DE 4º E.P. ELABORARON COMO PRODUTO FINAL DO PROXECTO DA SAÚDE UN DÍPTICO PARA TODO O ALUMNADO DO COLE.


Picando na imaxe podedes ler o díptico: