domingo, 11 de febrero de 2018

CHEGOU O ENTROIDO


    Os rapaces e rapazas de 3º aproveitaron a técnica do esgrafiado que aprenderon en plástica para crear uns antefaces moi orixinais.

    Primeiro pintaron unha cartolina branca con cores varios segundo os seus gustos.


    Despois tocou pintar de negro todo, que pena nos daba tapar tanta cor...


   E finalmente chegou o máis divertido, debuxar os antefaces e decoralos! 


Mirade, mirade que antefaces tan BONITOS conseguiron! 





martes, 6 de febrero de 2018

Experimentamos con auga salgada

    Estas semanas estivemos aprendendo cousas sobre a auga e entre as moitas preguntas que nos fixemos, quixemos saber que lle pasaba ao sal cando a auga do mar se evapora; así que fixemos un experimento para poder entender mellor o que descubrimos nos libros e vídeos que consultados.

    Para facer o experimento precisamos un prato, auga, sal, unha fonte de calor e unha pouca paciencia xa que o experimento durou varios días.

    Ademais como bos científicos e boas científicas formulamos diferentes hipóteses sobre o resultado do noso experimento.


    Os días foron pasando e puidemos ver por fin o resultado e comprobar se as hipóteses formuladas coincidían co resultado.