Mostrando entradas con la etiqueta 4º EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4º EP. Mostrar todas las entradas

viernes, 16 de enero de 2026

COÑECER PARA CONSERVAR

 Hoxe veu visitarnos Yolanda que é oceanográfica e investigadora no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. A súa visita enmárcase dentro do proxecto  "Alfabetización oceánica. Coñecer para conservar" e parte da premisa que "se coñecemos mellor os ecosistemas seremos quen de preservalos mellor". 

Fixemos catro obradoiros: un de recoñecemento de imaxes impresas con microscopio e imaxe real, outro de recoñecemento de animais e os seus hábitats, un de contaminación nas praias e, por último, un de estudo da area a través dun visor microscópico. 

Falounos un pouco do seu traballo no CIM, da importancia dos océanos para a vida na Terra, da necesidade de deixar de contaminar o noso planeta e algunha que outra característica curiosa do melgacho ou pintarroja, da lamprea, do plancton...

A continuación deixamos unhas imaxes do que foron estes obradoiros.




 MOITAS GRAZAS YOLANDA!! 

GRAZAS POR ESTE TIPO DE INICIATIVAS TAN ENRIQUECEDORAS!!

miércoles, 8 de mayo de 2024

MALETAS VIAXEIRAS

 

O alumnado de Proxecto Competencial de 4ºA de Primaria están facendo unha investigación sobre as comunidades españolas. 

Hoxe é o turno de Ainara e Letizia. Foron indagando sobre Andalucía, os seus monumentos, comida típica...

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!



lunes, 22 de abril de 2024

MALETAS VIAXEIRAS

 



O alumnado de Proxecto Competencial de 4ºA de Primaria están facendo unha investigación sobre as comunidades españolas. 

Vera e Mariam foron indagando sobre Galicia, a súa fauna e flora, comida típica...

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

jueves, 7 de marzo de 2024

SAÍDA AO TEATRO

Onte fixemos unha saída ao teatro en Pontevedra. Ao rematar a obra fomos ao parque a merendar e, por suposto, a xogar. Pasámolo xenial!!!















viernes, 1 de marzo de 2024

PRESENTACIÓN DO CÓMIC SOBRE FRANCISCO LANDÍN PAZOS


O alumnado de 4º recibiu a visita de Felipe Rea , papá de Fiz, para mostrarnos o cómic sobre a vida do músico Francisco Landín Pazos, no cal colaborou para a súa realización.

                               FOI MOI INTERESANTE!! MOITÍSIMAS GRACIAS!!




                              






 

viernes, 16 de febrero de 2024

sábado, 10 de junio de 2023

A PREHISTORIA

DURANTE UNHAS SEMANAS ESTIVEMOS TRABALLANDO, BEN A FONDO, A PREHISTORIA. O ALUMNADO DE 4º INVESTIGOU INVENTOS FEITOS DURANTE ESTA LONGA ETAPA. CON TODO O TRABALLO REALIZADO E O MATERIAL RECOLLIDO, ELABORARON UNHA GRAN LIÑA DO TEMPO QUE COLOCARON NO CORREDOR, E SOBRE A QUE SITUARON OS FEITOS, DESCUBRIMENTOS E INVENTOS LEVADOS A CABO NO PALEOLÍTICO, NEOLÍTICO E NA IDADE DOS METAIS.

DEIXAMOS UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O MOITO E BEN QUE O FIXERON.