Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de junio de 2024

VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

 O pasado mércores o alumnado de 3º e 4º de primaria fixemos unha saída á Illa de San Simón. Alí explicáronnos un montón de lendas e curiosidades fascinantes.Tamén puidemos coñecer a illa en profundidade grazas a unha divertida e emocionante xincana chea de probas. 

           Pasámolo xenial!!! 















jueves, 23 de noviembre de 2023

XOGADE INTERCENTROS EN PONTEVEDRA

Fantástica xornada multideportiva  XOGADE INTERCENTROS, desenvolvida en Pontevedra polo noso alumnado de 4º de Primaria co alumnado anfitrión do CEIP Froebel. 

Unha auténtica gozada de mañá, onde os obxectivos lúdicos e de convivencia priorizaron en todo momento sobre os competitivos.



martes, 21 de junio de 2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 4º



O pasado mércores tivo lugar a excursión de fin de curso de 4º. Fomos ao Ecoparque de Marín, onde desfrutamos das tirolinas a base de ben. Despois, achegámonos ata o Lago de Castiñeiras e pasamos unha tarde moi divertida!!!

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Chegou xuño e con el a excursión de fin de curso! As nenas e os nenos de 3º fixeron unha viaxe inesquecible! Primeiro, visitamos a Praia de Carril, onde exploramos as diferentes especies mariñas que iamos atopando. Cando a marea o permitiu, cruzamos en barco á Illa de Cortegada. Aí apareceron os nervios, pero resultou un traxecto moi divertido. Na illa puidemos desfrutar da natureza, bañármonos e pasalo en grande con boa compañía! O tempo pasou voando. Foi un día para recordar!

martes, 21 de diciembre de 2021

En terceiro celebramos por todo o alto o Nadal!

Nestes últimos días, antes das vacacións de Nadal, realizamos moitas actividades diferentes e divertidas: xogos, campanadas de gala, panxoliñas, bailes, amizade invisible, concurso de disfraces, decoracións creativas, postais... Pasámolo en grande! 

Esperamos que as familias tamén o pasedes xenial nestas datas, que gocedes dunhas felices festas e dun próspero 2022! Vémonos en xaneiro!









domingo, 15 de abril de 2018

MundAni (Mundo Animal)

Estas últimas semanas na aula de 3º estivemos aprendendo cousas novas sobre os animais, e que mellor forma de facelo que construíndo o noso propio xogo.

Primeiro tivemos que investigar sobre o animal que nos tocou e cubrir unha ficha de datos.







Despois con un pouco de axuda pasamos esa información ao ordenador para crear uns cromos.






Unha vez impresos tocou recortalos e pegalos para poder rematar de montar o cromo, e plastificalos para que nos duren moito tempo.






O seguinte paso custounos un pouco máis, foi inventar un nome atractivo para o xogo, pero finalmente en grupo pensamos que MundAni era o máis axeitado.




E co xogo xa montado chegou a parte máis divertida: XOGAR! E que mellor que facéndoo en gran grupo cos compañeiros/as?



Ah! Temos unha SORPRESA. Deixámosvos aquí o xogo para que se queredes "na casa" o imprimades e construades o voso.

Se tedes algúnha dúbida estaremos encantados/as de ensinarvos como se xoga.


viernes, 20 de enero de 2017

OS XOGUETES CHEGAN Á ESCOLA.

A rapazada toda de 3º e 4º de Primaria traballou arreo durante o Nadal para preparar o seu xoguete. Levaron información dos libros da nosa Biblioteca, investigaron en internet, pediron axuda aos maiores, ... todo para cumplir coa proposta que fixemos para o noso Proxecto "BARRRO cos 3 Rs".
Quedaron chulísimos! 
Aí quedan estas fotografías para testemuña, en canto o proxecto tome forma amosaremos máis.






MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!

domingo, 13 de diciembre de 2015

Flappy bird... ¿o fish?

Como xa dixemos na entrada anterior, o pasado venres embarcámonos na Hora do Código... aínda que nos levou máis dunha hora. Primeiro falamos na aula sobre as Ciencias da Computación e sobre algúns termos que emplean os informáticos. Agora os alumnos de 4º xa saben, por exemplo, que cando un programador fala de depurar non está pensando en limpar a auga, senon en buscar erros ou posibles melloras nun programa para solucionalos e que funcione mellor.

 Despois fomos á aula de informática para facer unha práctica traballando por parellas: un sería o driver ou condutor (o encargado de manexar o rato e o teclado), e outro o browser ou explorador (o que vai repasando o código e vixiando o funcionamento), aínda que o de razonar e deseñar sexa unha tarefa compartida. O obxectivo era facer variacións sobre un xogo faciliño chamado Flappy Bird, empregando unha versión dun sistema de programación por bloques chamado Scratch.

Conseguimos 12 xogos parecidos pero á súa vez distintos, algo así como este (preme na imaxe para xogar):


E ademáis, o alcalde de Barro veu ao cole a apoiar a iniciativa, e a animar aos nenos, e sobre todo ás nenas (porque son poucas as rapazas que estudan enxeñerías, e iso debería cambiar), a estudar nun campo como o informático, no que hai tantas ofertas de traballo. Tamén tivo a oportunidade de probar un dos xogos, e non se lle daba tan mal! Mirade que ata saímos na prensa:


Esperamos que a actividade vos gustase. Podedes deixar nos comentarios a vosa opinión, ou propostas de outras actividades, ou os enderezos dos vosos xogos para que o resto poida probalos.