viernes, 29 de diciembre de 2017

VOCES DE MULLERES


"Voces de mulleres" é o título do Proxecto Documental (PDI) do noso centro este curso escolar. 

Nas aulas de 3º e 4º de Primaria imos investigar a vida destas "Mulleres de conto" para completar a nosa achega ao Proxecto co traballo que presentaremos na vindeira edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 

Para comezar a nosa investigación debemos premer no seguinte enlace:
https://sites.google.com/view/vocesdemulleres/proceso


( Icon made by Freepik from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY )

O esqueleto

 Este trimestre en 3º estivemos traballando sobre o corpo humano e para que fose máis fácil recordar os nomes dos ósos axudámonos da canción “O esqueleto” do grupo Migallas. Pero como os rapaces e rapazas de 3º somos moi curiosos/as pedímoslle a profe non só aprender a canción, se non tamén facer un vídeo propio no que saísemos cantándoa e bailándoa, e este foi o resultado.


A que nos saíu moi ben?


viernes, 22 de diciembre de 2017

VISITA A METEOGALICIA


O pasado mércores, día 13 de decembro, fomos de visita a MeteoGalicia en Santiago de Compostela.


Nun primeiro momento ensináronnos a sala de control de predicións, onde vimos pantallas nas que se proxectaba en directo a información do tempo atmosférico que enviaban as cámaras situadas en distintas estacións meteorolóxicas dispostas en diferentes puntos xeográficos de Galicia.


Despois dividímonos en dous grupos e participamos en sendos obradoiros relacionados coa atmosfera e o tempo atmosférico; onde puidemos ver distintos aparellos que empregan os meteorólogos para predicir o tempo atmosférico que vai haber na nosa terra.




Foi unha saída moi interesante!


lunes, 18 de diciembre de 2017

Como facer unha biografía


    E como nas aulas de 3º e 4º estamos comezando a estudar as biografías aquí queda un exemplo que nos ensina como facer un pequeno texto de este tipo.



viernes, 8 de diciembre de 2017

CONSTRUIMOS ROBOTS

Así redactaron nas clases de 4º curso a "noticia" desta tarefa coa que se iniciou o Proxecto de Robótica educativa no noso centro.

OS ROBOTS DE 4º.
As nenas e nenos de 4º do CEIP Amor Ruibal fixeron uns robots de material de refugallo. Cada un pensou o seu. Todos puxeron moito empeño e os robots quedaron moi ben feitos.
Hugo De La Fuente, 4º A

OS NENOS DE 4º DO CEIP AMOR RUIBAL FAN ROBOTS.
O proxecto comenzouse a primeira semana de novembro na área de ALFIN. Os robots fixéronse con deseños propios dos nenos e nenas e con material de refugallo.
David Castro, 4º A 

A continuación ofrecemos un vídeo-resumo con imaxes dos robots elaborados e do resultado da votación que se realizou entre o alumnado para saber das súas valoracións.
Un grandísimo traballo!! 
 

jueves, 7 de diciembre de 2017

OS SENTIDOS

O alumnado de cuarto de primaria estivemos durante un tempo traballando OS SENTIDOS. Para facelo, tivemos que investigar en distintos documentos, e con distintos recursos. Ao final, con todo xa traballado, elaboramos un lapbook sobre os sentidos.

Deixámosvos unha mostra fotográfica deste traballo:











martes, 5 de diciembre de 2017

Visitamos a Muiñada de Barosa


O venres, día 1 de decembro, os alumnos e alumnas de 3º fomos ao parque natural de Barosa para facer un obradoiro de elaboración de pan, organizado pola “Muiñada de Barosa”, e a súa vez, participar nunha gravación da CRTVG para o programa “Aquí Galicia”, que se emitirá o vindeiro sábado día 9 de decembro co gallo da II Raxofesta.


En canto chegamos, xa nos estaban esperando tanto os panadeiros coma os reporteiros da tele para comezar co obradoiro. Primeiro, explicáronnos as principais partes dun muíño e o seu funcionamento, incluso moemos unha pouca fariña e despois peneirámola.


Logo tocou a quenda de mesturar os ingredientes para facer a masa do pan, así que botamos fariña, ovos, aceite, manteiga. . . e remexemos ben. 

   
De seguido chegou o momento que máis desexabamos: amasar o pan e darlle forma  (de trenza, de fanchucos, croissants, roscóns. . .) para despois enfornalos.



Finalmente, e para recuperar enerxías, convidáronnos a un rico chocolate con biscoito e galletas; e ademais agasalláronnos cuns fanchucos.

Umm... que bo estaba todo!


Moitísimas grazas !