martes, 21 de junio de 2022

O alumnado de terceiro entrevista ao futbolista Iago Aspas

Durante o pasado curso 2020-2021, o alumnado que actualmente está en terceiro realizou un proxecto relacionado cos deportes e coa vida saudable. Por iso, prepararon varias entrevistas para realizarlle a deportistas profesionais, unha delas ao nadador paralímpico Pablo Cimadevila e outra ao futbolista do RC Celta e da Selección Española, Iago Aspas.

Aínda que Iago Aspas fíxose de rogar e tocou agardar, quixo cumprir a súa promesa e realizar a entrevista. 

Moitas gracias, Iago!!!


Derradeiro capítulo de "O podcast de terceiro": "Curiosidades de animais"

O alumnado de 3ºB despídese co último capítulo do podcast que estiveron gravando este curso. Nesta ocasión fálannos de animais, contando datos e curiosidades acerca de numerosas especies. Coma sempre, podedes escoitalo en Spotify e en Ivoox.

Esperemos que vos guste e, como din os protagonistas... Suscribídevos, activade a campaniña e dádelle á "like"!

 

LAPBOOKS COMUNIDADES AUTÓNOMAS



En Ciencias Sociais, as nenas e nenos de 4º estiveron traballando as Comunidades Autónomas. Despois das investigacións desenvolvidas nas súas casas coa sempre agradecida axuda das familias, plasmaron todo o aprendido nuns estupendos lapbooks dos cales vos deixamos a mostra. Esperamos que vos gusten!

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 4º



O pasado mércores tivo lugar a excursión de fin de curso de 4º. Fomos ao Ecoparque de Marín, onde desfrutamos das tirolinas a base de ben. Despois, achegámonos ata o Lago de Castiñeiras e pasamos unha tarde moi divertida!!!

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Chegou xuño e con el a excursión de fin de curso! As nenas e os nenos de 3º fixeron unha viaxe inesquecible! Primeiro, visitamos a Praia de Carril, onde exploramos as diferentes especies mariñas que iamos atopando. Cando a marea o permitiu, cruzamos en barco á Illa de Cortegada. Aí apareceron os nervios, pero resultou un traxecto moi divertido. Na illa puidemos desfrutar da natureza, bañármonos e pasalo en grande con boa compañía! O tempo pasou voando. Foi un día para recordar!

jueves, 2 de junio de 2022

Como ser ecoperegrin@

O próximo domingo, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e o alumnado de terceiro preparou un vídeo moi especial e divertido para conmemoralo. 

Trátase dunhas recomendacións que lles quixeron facer aos peregrinos e peregrinas que pasan polo noso pobo facendo o Camiño de Santiago. Poderán ver estes consellos escaneando un código QR que aparecerá nos cartaces que o Concello vai colocar proximamente.

 

Esperamos que vos guste!