COMO PRODUCTO FINAL DO PROXECTO "UN UNIVERSO POR DESCUBRIR: O SISTEMA SOLAR" O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA ELABOROU UN LAPBOOK QUE RECOLLE A INFORMACIÓN MÁIS DESTACADA.
AS NENAS E NENOS FIXERON UN GRAN TRABALLO QUE QUEDA REFLECTIDO NESTES CHULÍSIMOS LAPBOOKS.
ESTE GRAN TRABALLO FIRÉRONNO AS NENAS E OS NENOS DE 3º DE PRIMARIA NAS SÚAS CASAS, COA COLABORACIÓN DA FAMILIA. DESPOIS, NO COLE, EXPLICARON QUE MATERIAIS EMPREGARON, QUE PASOS TIVERON QUE DAR PARA LEVALO A CABO, PARA QUE SERVÍA A SÚA MÁQUINA, ETC.
DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO TRABALLO E AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN.
Mesturando, mesturando... Dentro do proxecto da materia estivemos facendo mesturas homoxéneas, neste caso pasta de sal. Pasámolo xenial amasando a nosa mestura e tamén enzoufándonos un pouco, ou un moito.
As profes de cuarto queremos despedir este curso tan atípico cun pequeno vídeo agradecendo o traballo de todos e todas nestes tempos difíciles, e dando as GRAZAS ós nosos protagonistas: as nenas e nenos de 4º de primaria.
Para pechar o curso na área de Plástica, o alumnado de 4º empregou materiais do seu entorno natural para desenvolver a súa creatividade , e así realizar estas fermosas creacións.
No 2005 a UNESCO decidiu instaurar o 17 de maio como o Día Mundial da Reciclaxe, co fin de concienciar ás persoas do importante que é reducir, reutilizar e reciclar .
Os nenos e nenas de 4º curso, inmersos no proxecto "Protexemos a Terra", reempregaron os materiais que tiñan nas súas casas e cunhas doses de imaxinación elaboraron estas fermosas creacións. Aquí tedes os resultados, o noso Planeta agradecerao.
Escoitade atentos a letra da canción , deixámosvos un anaco que describe a perfección a vosa labor:
"Tiempos de pequeños movimientos, movimientos en reacción
Una gota junto a otra hace oleajes, luego, mares, océanos.
Nunca una ley fue tan simple y clara: Acción, reacción, repercusión"
Os nenos e nenas de 4º estiveron exercendo de chefs e prepararon unhas riquísimas receitas.
Con esta actividade traballamos as Linguas coa expresión escrita, as Matemáticas coas cantidades, a Plástica coas fotografías e tratamos de que a rapazada se achegase ao mundo da cociña.
Quen sabe... Igual descubrimos que hai moitos nenos e nenas que teñen un futuro prometedor como cociñeiros e cociñeiras.
Os nenos e nenas de cuarto, xunto coas súas profes, fixeron un vídeo para decirnos que é o que máis botan de menos nesta corentena e que será o primeiro que farán cando todo isto pase.
As nenos e nenas de 4º invítanvos a pasar polas súas galerías cheas de arte, onde podedes ver as divertidas e modernas recreacións dalgúns dos cadros máis afamados do mundo!
Subídelle o volume, para escoitar o Minueto de Boccherini e gozade con estas e estes artistas!!
Hoxe imos deixarvos unha proposta para quen queira pasar a tarde dunha forma diferente.
Dende a páxina " Teachers for the future" , profesores polo futuro , lanzan iniciativas que a nós interésannos moito.
Esta tarde van emitir en directo un contacontos ambiental xunto a membros da rede de biblotecas verdes Recida, Rede de Centros de Información Ambiental, Miriam Campo Leiros e outros colaboradores moi divertidos.
As nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria fomos hoxe á Sede Afundación de Pontevedra para ver a obra `Nana para un soldado´ da compañía teatral Os Ghazafelhos.
Fíxonos pensar e, tamén, rir porque ten moitos momentos divertidos.
"El Principito", a novela escrita por Antoine de Saint- Exupéry, é un dos libros máis lido de todos os tempos e está traducido a 250 idiomas e dialectos.
Como é un libro imprescindible para os nenas e nenas, na clase de Valores de 3°A, estamos desfrutando coa súa lectura e aprendendo das leccións de vida e dos valores que transmite.
Así de orgullosos e orgullosas mostraban o seu mural!
O alumnado de 4º de Primaria visitou hoxe as instalacións de METEOGALICIA en Santiago de Compostela.
Alí asistiron a dúas sesións formativas sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos. Tamén viron a demostración do lanzamento dunha radiosondaxe, que lles gustou moito e que, segundo a súa páxina de twiter, chegou a Lugo.
Unha vez máis o alumnado de 4º puxo en práctica o aprendido nas ciencias para crear esta vez, unha maqueta na cal se mostran as capas internas da terra. Esta actividade mesturou contidos propios das ciencias, xunto con outros da área artística.
Que mellor maneira de aprender que manchándonos as mans.
O alumnado de cuarto, dentro do proxecto BARRRO: Vivir e Convivir, vai a realizar unha saída polo pobo, para recoller todos aqueles plásticos que atopen polas rúas do Concello.
Para cumprir coas medidas de hixiene pertinentes, o Concello en colaboración coa empresa que fai a recollida de lixo, regaloulle ao alumnado guantes e bolsas para facilitarlle a recollida.
O alumnado de 4º nivel, responsable de poñer en marcha o concurso Pilabot, recibiu unha interesante charla sobre as pilas. Coñeceron os diferentes tipos, partes e a súa perigosidade.
Finalmente realizaron un cuestionario grupal mediante a ferramenta kahoot, onde acertaron moitas preguntas!!
O alumnado de 4º curso dentro do seu proxecto " A volta ó mundo", elaborou unhas fermosas bandeiras do país que cadaquén representa .Tamén buscaron como se di a palabra PAZ en diferentes idiomas.
Logo fixemos un divertido vídeo para compartir os resultados. Aquí volo deixamos:
As nenas e nenos de 4º, dentro do noso proxecto anual, estivemos traballando a conmemoración do día da Paz. Para iso, dentro do noso mapa do mundo buscamos como se di en diferentes idiomas a palabra paz, xa que consideramos que é un concepto que debe chegar a cada recuncho do mundo.
Para plasmar esta idea, aproveitamos as bandeiras elaboradas nas casas, con motivo do traballo anteriormente feito sobre diferentes lugares do mundo.
O pasado venres o alumnado de 4º, que está moi implicado co medio ambiente e a boa conservación do mesmo, visitou as instalacións de SOGAMA.
Ó chegar recibíronnos os educadores medioambientais que están ao servizo de Sogama e proporcionáronnos as explicacións oportunas sobre o cometido desta empresa en Galicia.
Vimos a importancia de separar ben, para reciclar mellor, e quedamos abraiados/as coa montaña de lixo que alí tiñan.
Ó final da visita déronnos uns agasallos para non esquecernos nunca da importancia de reciclar nos nosos fogares.
Nesta ocasión, as nenas e nenos de 4º puxeron en práctica o aprendido no 1º trimestre para plasmar en diversos thinking maps os distintos tipos de animais vertebrados e invertebrados que investigaron.
Unha vez feitos, a través da técnica de aprendizaxe cooperativo "quebracabezas", transmitiron a información adquirida ó resto de compañeiros e compañeiras para que todos e todas tiveran coñecementos dos distintos tipos de animais.
Dentro do proxecto anual de aula, as nenas e nenos de 4º estivemos buscando información interesante sobre os distintos lugares que cada neno e nena representa dentro do seu equipo: Vilna, Berlín, Manila... Grazas a isto aprendemos cousas como: comidas típicas, idiomas, bandeiras, moedas...
Finalmente, os resultados destas investigacións foron expostos na Biblioteca do centro.