miércoles, 27 de mayo de 2026

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

     Ao longo das últimas semanas, nas aulas de terceiro do cole, estivemos traballando a figura da escritora homenaxeada este ano polas letras galegas: Begoña Caamaño.


                                                             Fixémolo de diferentes xeitos.

      En proxecto competencial quixemos dar o noso toque persoal a un retrato seu, cada un imaxinou a súa cara e debuxouna, aquí tedes o resultado!



jueves, 21 de mayo de 2026

As familias contan...Sandra

 Hoxe estivo nas aulas de terceiro, Sandra, mamá de Sofía da clase de 3ºA. Sandra é licenciada en Historia e durante uns anos da súa vida traballou como arqueóloga. Invitámola a que viñera á clase a contarnos en que consiste o traballo dun arqueólogo. 


 Falounos de moitas cousas relacionadas coa súa experiencia e tamén traía unha presenación coa que nos explicou moi ben en que consiste a arqueoloxía.

     Mirade que atentas e atentos estamos, era unha delicia escoitar as súas explicacións!

Despois de rematar a súa charla, fixémoslle unha entrevista, onde saíron anécdotas e onde varias compañeiras e compañeiros mostraron o seu desexo de ser arqueólogos de maiores!
 

Como mostra dos "tesouros" que pode atopar unha arqueóloga, tróuxonos unhas monedas moi, pero que moi antigas! unha data do medievo e a outra data de tempos romanos!! 

 

GRAZAS, SANDRA, POR ACERCARNOS A ARQUEOLOXÍA ÁS AULAS! 

viernes, 15 de mayo de 2026

Feliz día, FAMILIA!!!!

 Hoxe, 15 de maio, é o Día Internacional da Familia. Con tal motivo, nas aulas de terceiro do cole, fixemos uns chaveiros en madeira e unha postal, nela escribimos o que nos fai sentir a nosa familia. 

 



                                                                  Velaí o resultado!


              
   FELIZ DÍA DA FAMILIA!!!

lunes, 4 de mayo de 2026

2-M

     O 2 de maio conmemorouse o Día internacional contra o acoso e a violencia nas aulas. Con tal motivo no cole imos visionar unha serie de curtas para reflexionar sobre este tema. 

    Asemade, na aula de música, as nenas e nenos están traballando unha canción moi fermosa titulada "Bonito es", canción creada polo colexio Lourdes Fuhem que,  baixo o lema "o bonito é que a xente se queira", promove o respeto, a convivencia positiva e a loita contra a violencia nas aulas.

     Nas aulas de terceiro, tomando como punto de partida a canción anteriormente mencionada, elaboramos este mural. A través del buscamos encher o noso colexio de palabras fermosas de cariño cara as nosas compañeiras e compañeiros.


                    NON Á VIOLENCIA NAS ESCOLAS!!