O venres, día 1 de decembro, os
alumnos e alumnas de 3º fomos ao parque natural de Barosa para facer un obradoiro de
elaboración de pan, organizado pola “Muiñada de Barosa”, e a súa vez, participar
nunha gravación da CRTVG para o programa “Aquí Galicia”, que se
emitirá o vindeiro sábado día 9 de decembro co gallo da II Raxofesta.
En canto chegamos, xa nos
estaban esperando tanto os panadeiros coma os reporteiros da tele para comezar co obradoiro. Primeiro, explicáronnos as principais partes dun muíño e o seu
funcionamento, incluso moemos unha pouca fariña e despois peneirámola.
Logo tocou a quenda de mesturar os ingredientes para
facer a masa do pan, así que botamos fariña, ovos, aceite, manteiga. . . e
remexemos ben.
De seguido chegou o momento
que máis desexabamos: amasar o pan e darlle forma (de trenza, de fanchucos, croissants, roscóns. . .) para despois enfornalos.
Finalmente, e para recuperar
enerxías, convidáronnos a un rico chocolate con biscoito e galletas; e ademais agasalláronnos cuns fanchucos.
Umm... que bo estaba todo!
Moitísimas grazas !