Hoxe celebramos o magosto no cole, nas aulas de terceiro quixemos facer unhas caixas para poder recoller as nosas castañas asadas e merendalas.
Velaí o resultado!!!!
QUEDÁRONNOS FERMOSÍSIMAS!!!!👌
Hoxe celebramos o magosto no cole, nas aulas de terceiro quixemos facer unhas caixas para poder recoller as nosas castañas asadas e merendalas.
Velaí o resultado!!!!
QUEDÁRONNOS FERMOSÍSIMAS!!!!👌
HOXE CELÉBRASE O DÍA DA FAMILIA, E OS NENOS E NENAS DE 4ºB QUIXERON FACERLLES ÁS SÚAS FAMILIAS UN PEQUENO DETALLE.
DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTIÑAS DA MANUALIDADE TAN BONITA E QUE CON TANTO CARIÑO FIXERON PARA LEVAR AS SÚAS CASAS.
No marco da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, o alumnado de 4º de Primaria desenvolveu interesantes actividades artísticas, de lectoescritura e de valores, tomando como eixo central o Guernica de Pablo Picasso.
A partir do famoso cadro, o alumnado reflexionou sobre as fatais consecuencias da guerra para a infancia como a traxedia dos nenos soldados, as mortes, as enfermidades, a dor ou a vulneración dos dereitos máis básicos (familia, vivenda, alimentación, educación...).
Logo, cada nena e cada neno decorou o seu propio "Guernica" e completouno con mensaxes en contra da guerra e a favor dunha convivencia pacífica.
Magníficos traballos!!!
Durante o verán pasado Mimi descubriu que é familia do último pirata do Atlántico, sabedes quen é? Efectivamente, é o pirata pontevedrés Benito Soto. ![]() |
Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro e os rapaces e rapazas de 4º participaron nun amig@ invisible un pouco peculiar, xa que o agasallo non era ningún obxecto físico senón unha viaxe a outros mundos: mundos fantásticos, reinos encantados, illas desertas, covas enmeigadas... Como é isto posible? Pois porque o seu agasallo foi unha lectura escollida persoalmente para o seu amig@ invisible.
Tendo en conta esta temática e que o autor homenaxeado neste Salón do Libro é Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, puxémonos a remexer entre os libros da biblioteca e tivemos a sorte de descubrir un libro moi divertido: Bolboretas no papel; un poemario no que se atopa o poema No país das bolboretas cadaquén fai o que lle peta e que nos pareceu do mais axeitado a temática deste ano.