O pasado 24 de abril, o alumnado de 3º e 4º de E.P. recibimos a visita do secretario do Concello de Barro, Xesús Rodríguez Castro, para falarnos da riqueza rupestre que hai en "Terras de Pontevedra", concretamente dos petróglifos que podemos atopar en Barro. Xesús contou que en Galicia hai localizados uns 2.573 petróglifos, dos que 1.553 están situados na provincia de Pontevedra.
A palabra petróglifo significa "pedra gravada". No concello de Barro atopamos tres conxuntos de gravados destacables: o Petróglifo de Castro Loureiro e o de Outeiro de Codeso, formados por catro laxes con gravados que mostran varias combinacións circulares, cazoletas e círculos concéntricos, e o de Pedra Mirtada, con dúas combinacións circulares.
Para rematar, Xesús dixo que os petróglifos teñen un valor incalculable e que está na nosa man conservalos.
Moitísimas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario