Na clase de terceiro estamos aprendendo as táboas de multiplicar. Para iso, elaboramos estes colgantes tan prácticos que podemos usar de chaveiros.
Na clase de terceiro estamos aprendendo as táboas de multiplicar. Para iso, elaboramos estes colgantes tan prácticos que podemos usar de chaveiros.
O ALUMNADO DE 4º B, DESPOIS DE INVESTIGAR E TRABALLAR SOBRE OS SENTIDOS, ELABOROU UNS FANTÁSTICOS LAPBOOKS ONDE PLASMOU TODO O SEU COÑECEMENTO.
UNHA VEZ FEITO ISTO, O ALUMNADO TIVO QUE PREPARAR UNHA EXPOSICIÓN ORAL DO SEU TRABALLO PARA O RESTO DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA FOTOGRÁFICA DO SEU BO FACER.
FANTÁSTICO, RAPAZAS E RAPACES!!!
O alumnado de 4º de Primaria estivo investigando no mes de novembro sobre o tempo atmosférico e os seus instrumentos de medida. Para pór fin a esta investigación nada mellor que acudir ás oficinas de Meteogalicia, en Santiago de Compostela.
Esta visita realizouse o pasado 23 de Novembro. Alí non soamente nos explicaron a diferenza entre tempo e clima, tamén puidemos ver e tocar instrumentos de medida e ata vivimos en directo a predición do tempo para Radio Ourense e a Radio Galega. Algúns mesmo atrevéronse a falar na radio!
Sen dúbida, un gran xeito de rematar unha investigación!
O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 4º A reflexionou sobre a necesidade de conmemorar este día e, entre todas e todos, elaboraron un mural cheo de debuxos e lemas que poñen de manifesto a súa repulsa cara á violencia machista.
As nenos e nenos de 4ºA estiveron investigando sobre os 5 sentidos!
Para recoller e organizar toda a información que sabían, fixeron estes creativos lapbooks onde, ademais de explicar órganos, sentidos e o seu funcionamento, faláronnos dos seus gustos.
Aquí vos deixamos unhas imaxes do chulos que lles quedaron!