viernes, 2 de diciembre de 2022

VISITA A METEOGALICIA

O alumnado de 4º de Primaria estivo investigando no mes de novembro sobre o tempo atmosférico e os seus instrumentos de medida. Para pór fin a esta investigación nada mellor que acudir ás oficinas de Meteogalicia, en Santiago de Compostela.

Esta visita realizouse o pasado 23 de Novembro. Alí non soamente nos explicaron a diferenza entre tempo e clima, tamén puidemos ver e tocar instrumentos de medida e ata vivimos en directo a predición do tempo para Radio Ourense e a Radio Galega. Algúns mesmo atrevéronse a falar na radio!

Sen dúbida, un gran xeito de rematar unha investigación!











No hay comentarios:

Publicar un comentario