jueves, 11 de abril de 2019

Preparándonos para unha emerxencia!

O alumnado de 3º de Primaria recibiu onte unha sesión de primerios auxilios impartida por Eloi Carramal Búa, enfermeiro, para saber como debemos actuar ante unha emerxencia.
As nenas e nenos participaron nunhas simulacións nas que tiñan que colocar a persoa "enferma" na posición correcta, recordar o número de urxencias e, incluso, tomarlle o pulso para comprobar que estaba dentro dos parámetros adecuados.

Unha gran lección!


Moitísimas grazas, Eloi!!!

sábado, 6 de abril de 2019

No país das bolboretas...

Velaquí estamos nós co traballo que presentamos no Salón do Libro de Pontevedra. Leva por título:
"No país das bolboretas cadaquén fai o que lle peta"



 

No blog de MIMI podedes ler máis sobre a elaboración deste traballo:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/04/salon-do-libro-infantil-e-xuvenil-de.html 


OBRADOIRO ILUSTRACIÓN

A visita ao Salón do libro de Pontevedra vai acompañada dun obradoiro para o alumnado dos centros colaboradores. O alumnado de 4º curso tivo o privilexo de contar cun obradoiro de ilustración da man de André Neves, ilustrador, entre outros, de Orellas de bolboreta, Amelia quere un can, Entre nubes,.. De orixe brasileiro, é un dos convidados de excepción este ano no Salón, no que se homenaxea á cultura lusófona.



No obradoiro, André pediunos que completásemos as nosas ilustracións e que contásemos as historias que creamos. Así o fixemos durante esta semana e aquí amosamos o froito do noso traballo:





 
Aprendimos que coas ilustracións os libros cóntannos dúas historias: a das palabras e a das imaxes. Resultou moi interesante!

Grazas, André!

jueves, 4 de abril de 2019

EXPERIMENTAMOS COA MATERIA

Hai uns días, Mimi Pirata enviounos unha carta onde nos contaba que “para un tesouro encontrar, tres mesturas debía separar”, así que pediunos a nosa axuda para cumprir con ese desafío.

Agochado nunha caixa, deixounos as tres mesturas (area con anaquiños de ferro, area con anaquiños de cortiza  e aceite mesturado con auga) e os únicos utensilios que poderíamos usar para separalas (un vaso con auga, un vaso baleiro, un imán e unha culler). 

As mozas e mozos de 4º con moita emoción puxéronse en marcha para resolver o reto e, finalmente, conseguírono. Realizaron os experimentos e comunicáronllo a Mimi para que puidese resolvelo ela tamén. A cambio, Mimi envioulles unhas pezas novas para o mapa do tesouro que están buscando.



miércoles, 27 de marzo de 2019

Xornada artística en Pontevedra

Hoxe, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria celebrouno na Sede Afundación de Pontevedra, coa divertida comedia `Bon Appètit´ dos Ghazafellos, unha mestura de teatro, música e monicreques cun texto de enredo con moito xogo de palabras.


Logo, o grupo merendou e xogou na Praza da Liberdade.


E, no Café Moderno, as nenas e nenos asistiron á visita guiada á fantástica exposición fotográfica `Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo´ de Xosé Abad, con obradoiros didácticos moi entretidos.



Unha xornada moi artística!!!

jueves, 21 de marzo de 2019

Seguimos coñecendo o medio

O alumnado de terceiro non deixa de investigar para seguir coñecendo o entorno que nos rodea.
Neste caso, aproveitaron os recursos naturais que temos nos arredores do centro para especializarse no coñecemento de árbores e plantas, seres vivos fundamentais para a nosa supervivencia.






O seu interese e ganas de coñecer permitíronlles conseguir outra das pezas da Pirata Mimi.

A busca e a investigación continúan!