Hai uns días, Mimi Pirata enviounos unha carta onde nos contaba que “para un tesouro encontrar, tres mesturas debía separar”, así que pediunos a nosa axuda para cumprir con ese desafío.
Agochado nunha caixa, deixounos as tres mesturas (area con anaquiños de ferro, area con anaquiños de cortiza e aceite mesturado con auga) e os únicos utensilios que poderíamos usar para separalas (un vaso con auga, un vaso baleiro, un imán e unha culler).
As mozas e mozos de 4º con moita emoción puxéronse en marcha para resolver o reto e, finalmente, conseguírono. Realizaron os experimentos e comunicáronllo a Mimi para que puidese resolvelo ela tamén. A cambio, Mimi envioulles unhas pezas novas para o mapa do tesouro que están buscando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario