Hoxe veu visitarnos Yolanda que é oceanográfica e investigadora no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. A súa visita enmárcase dentro do proxecto "Alfabetización oceánica. Coñecer para conservar" e parte da premisa que "se coñecemos mellor os ecosistemas seremos quen de preservalos mellor".
Fixemos catro obradoiros: un de recoñecemento de imaxes impresas con microscopio e imaxe real, outro de recoñecemento de animais e os seus hábitats, un de contaminación nas praias e, por último, un de estudo da area a través dun visor microscópico.
Falounos un pouco do seu traballo no CIM, da importancia dos océanos para a vida na Terra, da necesidade de deixar de contaminar o noso planeta e algunha que outra característica curiosa do melgacho ou pintarroja, da lamprea, do plancton...
A continuación deixamos unhas imaxes do que foron estes obradoiros.
MOITAS GRAZAS YOLANDA!!
GRAZAS POR ESTE TIPO DE INICIATIVAS TAN ENRIQUECEDORAS!!






No hay comentarios:
Publicar un comentario