viernes, 9 de junio de 2023

OS INVENTOS DE 4º A


O alumnado de 4º demostrou as súas dotes como futuros inventores e inventoras!



Seguindo co proxecto traballado por todo o colexio “ Os inventos”, estes cativos e cativas romperon


as súas cabeciñas para deseñar un aparello que fixese a nosa vida cotiá máis sinxela.



Saíron cousas moi interesantes: dende un aparello que lava, colga e prancha a roupa só, outro que 


fabrica e leva alimentos ás persoas que o precisan , un armario que che elixe a vestimenta e poncha,


aparellos que arranxan calquera cousa que che rompa, un separador de lixo automático...



Sen dúbida, tiveron grandes ideas e, para que quede constancia de que estas ideas teñen autoría, 


 quedan aquí “rexistradas”. Quen sabe! Ao mellor, nuns anos, atopamos algún dos seus nomes


entre os grandes creadores e creadoras da época.










No hay comentarios:

Publicar un comentario