O ano pasado, a RAG elixía a María Victoria Moreno como a cuarta muller protagonista do Día das Letras Galegas.
O alumnado de 3° curso fixolle a súa particular homenaxe creando un dicionario do seu libro favorito: Leonardo e os fontaneiros. Fixemos así un bo uso do agasallo recibido ao inicio do curso por parte do Concello.
Esta actividade serviu para que os nenos e nenas de 3º de Primaria se iniciasen na utilización autónoma do dicionario e, ao mesmo tempo, ampliasen o seu vocabulario, buscando e anotando as palabras que descoñecían.
Aquí están as súas creacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario