Dentro do Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro Voces de mulleres os alumnos e alumnas de 3º, partindo do sites de Mulleres de Conto (http://amorruibalsegundociclo.blogspot.com/2017/12/voces-de-mulleres.html), realizamos fichas de recollida de datos sobre Gloria Fuertes e María Canosa, dúas escritoras de literatura e poesía infantil.
Tras investigar de xeito individual sobre cada unha, en gran grupo creamos contos-biográficos sobre elas. Posteriormente, este texto escribímolo nas nosas estrelas da árbore de estrelas que vai viaxar ao Salón do Libro de Pontevedra, e que se vai completar co traballo dos/as nosos/as compañeiros/as de 4º e de 5 anos.

Ademais para decorar esas estrelas en plástica aprendemos unha nova técnica artística, a do puntillismo, e con ela ilustramos os retratos destas dúas autoras.
A que nos quedaron uns traballos ben orixinais?
No hay comentarios:
Publicar un comentario