MARABILLOSOS!!!



En "Arqueólogos e Arqueólogas por un día", aprendemos a facer calcos de petróglifos marcándoos nun plástico con rotuladores de cores e nun papel branco coa axuda dunha esponxa, papel de calco e herbas.
Evidentemente, eran réplicas de petróglifos feitas por arqueólogos do Parque, pois os petróglifos auténticos están ben protexidos e non os podemos tocar.
Visitamos logo unha reprodución a tamaño real dun poboado da Idade de Bronce con casas, un cerrado para os animais, un graneiro e un lugar de reunións no que entramos e comprobamos o espazoso que era. Barro seco, palla, xestas e madeira son os materiais básicos empregados nestas construcións.

Por exemplo, Celso díxonos que as ÁMBOAS, eran os recipientes que usaban os romanos para transportar o viño. Ou que os MELEIROS eran botes para gardar o mel e que, para evitar que as formigas entraran nel, tiñan un reborde na metade do frasco que se enchía de auga.
Tamén vimos unha CHOCOLATEIRA que nos pareceu moi curiosa, xa que tiña dous buratos: un no lateral para servir o chocolate e outro, na parte superior da tapa, para introducir un pau e poder remover o chocolate e desfacer os grumos.
Mais seguramente o obxecto que máis nos sorprendeu foi o SACALEITES, que igual que os modernos de agora, servían para axudar a aleitar ás crianzas co leite do seo materno.
Outro dos obxectos que nos chamou a atención foi o BOLEIRO, que é un “forno portátil”. Este é unha tapa de barro que se puña sobre a pedra da lareira e dentro se cocía o pan, mentres debaixo da pedra se acendía a fogueira para aplicar calor á peza que se estaba cocendo. E sabedes que? O boleiro seica era moi útil para os canteiros que cando tiñan que ir traballar fóra podían levalo consigo e elaborar o seu propio pan.