Os días 6, 7, 8 e 16 de novembro o alumnado de 4º participou nun taller de Habilidades Sociais promovido polo Concello de Barro e desenvolvido por Julia Búa, técnica en prevención de drogodependencias e condutas adictivas.
Nestas sesións, traballamos aspectos relacionados co valor da autoestima, a expresión de emocións e a importancia da empatía así como as "armas" fundamentais para a resolución de conflitos (A PACIENCIA, A PALABRA E A PAZ). E precisamente estas armas, que son tan útiles e imprescindibles na vida diaria, descubrímolas a través dunha historia titulada "Caucasum, o mellor guerreiro do mundo". Podedes acceder a ela ao través do seguinte enlace ( O mellor guerreiro do mundo ). Seguro que vos gusta tanto como nos gustou a nós!
Ao rematar este taller tan interesante, os rapaces e rapazas recibimos un diploma acreditativo da nosa participación.
Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario