jueves, 28 de febrero de 2019

A Pirata MIMI

O proxecto anual non para. Dende setembro, a Pirata Mimi estalle facendo encargos ao alumnado de 3º para que, a través da investigación e da busca de información, coñezan un chisco máis o mundo que os rodea.

Neste caso o obxectivo é claro: Descubrir a importancia dos concellos, así como o traballo que realizan cada unha das persoas que alí traballan.



Cal será o resultado que sairá de aquí?


Prestade atención ás vindeiras publicacións.

Saúdos piratas!

martes, 26 de febrero de 2019

A VIDA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e celebramos o 182 aniversario do seu nacemento. Nas aulas de 3º e 4º  de Primaria desenvolvemos diversas actividades de lectoescritura, oralidade, música e plástica centradas na nosa autora máis universal. Entre elas, unha pequena investigación sobre a súa vida e obra que, despois, ilustramos a modo de cómic.






domingo, 24 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA 2019

Este ano celebramos o Día de Rosalía coa gravación do recitado da `Alborada´ entre todas as nenas e nenos do colexio. Quedou moi bonito! Podedes velo no blog de MIMI:


Ademais, veu ao colexio un gaiteiro e unha pandeireteira (que son o pai e a nai de Fiz, un neno de Infantil) para tocar a `Alborada´. Encantounos!!!

Moitísimas grazas!!!

Botádelle un ollo ao vídeo:

viernes, 22 de febrero de 2019

As paisaxes de Galicia

Estas semanas, as rapazas e rapaces de 4º de Primaria estivemos estudando as paisaxes de Galicia a partires dun reto que nos propuxo a pirata Mimi. Nunha carta, dicíanos que para ser bos grumetes é necesario coñecer o territorio que se vai explorar e que, para iso, o mellor é comezar pola nosa terra. Así que pediunos que realizásemos un caderno de campo sobre Galicia e este é o resultado. 


Quedáronnos ben xeitosos, non si?


Ademais, ao investigarmos sobre as paisaxes galegas, tivemos a oportunidade de observar distintas formas de representar o relevo, e descubrimos unha app que nos permite converter mapas de curvas de niveis en imaxes 3D.

Axiña puxémonos mans a obra e descubrimos unha aplicación creativa a esta ferramenta. Creamos os nosos propios mapas, simplemente coa axuda dun folio e un rotulador negro e, logo, convertémolos en mapas 3D grazas a axuda da app LandscapAR. 

Fixádevos nas imaxes! Que illas e montañas tan curiosas creamos!




Se queredes tamén crear os vosos propios mapas, só tedes que vir pola aula de 4º de Primaria ou pola Biblioteca do noso centro, onde estaremos encantadas de explicarvos o sinxelo que é crear estes interesantes mapas e tamén poderedes descubir todos os deseños que fixemos.


Agardamos as vosas visitas!!!


jueves, 21 de febrero de 2019

DÍA DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro está recoñecido pola UNESCO como o Día Internacional da Lingua Materna. Con este motivo, as rapazas e rapaces de 4º de Primaria quixemos facerlle unha homenaxe á nosa lingua  nai creando un vídeo-dicionario cun toque musical.

Esperamos que vos guste.

martes, 12 de febrero de 2019

Galegas e científicas!

O día 11 de febreiro conmemórase a nivel mundial o día da Nena e a Muller na Ciencia.
Dende 3° A e 3° B , queremos darlle visibilidade ao papel das mulleres no campo científico. Polo que estes nenos e nenas estiveron investigando sobre mulleres galegas que, na actualidade, teñen un importantísimo papel no mundo das ciencias.
Algunhas delas son:
  • Alicia Estévez Toranzo ( microbióloga).
  • Josefina Ling Ling ( astrónoma).
  • Vanessa Valdeiglesias ( bióloga).
  • María Vila Costas ( astrofísica).
  • Susana Martínez Conde ( neurocientífica).
  • Elena Vázquez Cendón ( doutora en matemáticas).
                 

                   
                                   

Hoxe elas son as protagonistas. Estaremos ante unha futura científica?