lunes, 15 de mayo de 2023

domingo, 7 de mayo de 2023

viernes, 5 de mayo de 2023

TINGUIMOS CARAVEIS DE CORES

Na clase de terceiro fixemos un experimento que consistiu en tinguir caraveis de cores. Primeiro escribimos o noso nome nun vaso e colocamos o caravel. A continuación, botamos auga e un pouco de colorante da cor elexida. Este foi o resultado!





















sábado, 29 de abril de 2023

APRENDEMOS BALONMÁN

Xogadores da SD Teucro de Pontevedra achegáronse ata Barro para manter un interesante encontro deportivo co alumnado de 3º e 4º de Primaria. En primeiro lugar, explicaron as reglas básicas do balonmán para, seguidamente, poñelas en práctica na pista, abrindo así o abano de posibilidades motrices das nenas e nenos, que se divertiron un montón.

Moitísimas grazas!!!


miércoles, 12 de abril de 2023

VISITA AO CONCELLO

O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA TIVO ESTA SEMANA UNHA CITA MOI IMPORTANTE NO CONCELLO DE BARRO. ALÍ NOS ATENDEU MOI AMABLEMENTE O SECRETARIO.

TIVEMOS ESTA REUNIÓN CON EL PORQUE DURANTE O MES DE MARZO ESTIVEMOS TRABALLANDO NO COLE UN TEMA MOI IMPORTANTE EN CIENCIAS SOCIAIS: "A DEMOCRACIA".

ASÍ QUE NINGUÉN MELLOR QUE O SECRETARIO DO CONCELLO PARA QUE NOS RESOLVESE PREGUNTAS, DÚBIDAS E ATENDERA TAMÉN ALGUNHA QUE OUTRA PETICIÓN.

DEIXAMOS ALGUNHA FOTO DA SESIÓN E TAMÉN DA ESCENIFICACIÓN DAS ELECCIÓNS.