lunes, 3 de abril de 2023

QUE BEN SE NOS DA...SEMENTAR!!

ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS, O ALUMNADO DE 4º B, A RAÍZ DO ESTUDO DAS PLANTAS, DÓUSENOS POR SEMENTAR EN BOTELLAS DE PLÁSTICO (UNHA FORMA TAMÉN DE REUTILIZAR). 

APROVEITANDO OS DÍAS DE SOL, SAÍMOS AO PATIO PARA PODER TRABALLAR. NESTA OCASIÓN, SEMENTAMOS PEREXIL, LEITUGAS E DALIAS.

POUCO A POUCO, AS NENAS E NENOS LEVARÁN PARA AS SÚAS CASAS AS PLANTIÑAS E ALÍ PODERÁN SEGUIR CO PROCESO QUE EMPEZAMOS NO COLE.

DEIXAMOS UNHA CHEA DE FOTOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O FIXERON.
































viernes, 31 de marzo de 2023

PLANTAMOS COAS CRIANZAS DE INFANTIL

Agora tocou o turno de facer plantación coas crianzas máis novas do cole. Pasámolo moi ben ensinándolle a plantar ás nenas e nenos de Infantil!









viernes, 24 de marzo de 2023

PLANTAMOS PEREXIL

PLANTAMOS PEREXIL 
Coa chegada da primavera toca facer plantación. Hoxe plantamos perexil. Gustounos tanto que seguro que moi pronto repetiremos.















AS PLANTAS... EN LAPBOOKS

A rapazada de 4ºB, como produto final do proxecto sobre as plantas, realizaron fermosos lapbooks nos que plasmaron toda a súa creatividade e aprendizaxe. Despois, para ir aprendendo a expresarse oralmente ante público, expuxeron aos seus compañeiros e compañeiras os seus traballos.

Deixamos unhas cantas fotos para que vexades o ben que o fixeron.