miércoles, 22 de marzo de 2023

OS ESTADOS DA AUGA

  ESTADOS DA AUGA

Para conmemorar o Día Mundial da Auga  ( 22 de Marzo ) estivemos experimentando sobre os diferentes estados da auga.

Para  ver o estado sólido, metemos uns abalorios dentro dun globo, botámoslle unha pouca auga e metémolos no conxelador.

Para comprobar o estado líquido, vimos como pasaba a auga dun recipiente a outro e mesmo a tinguimos de cores diferentes.

Para descubrir o estado gasoso, observamos como sae o vapor duns vasos con auga quente.
























domingo, 19 de marzo de 2023

jueves, 16 de marzo de 2023

O CICLO DA AUGA

A auga está en continuo movemento. Con este experimento podemos observar as diferentes fases polas que pasa: evaporación, condensación, precipitación e infiltración. Sen dúbida,o que máis nos gustou foi ver como caían as gotas en forma de precipitación.








miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER!!!





DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, 8M!

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 4º de Primaria investigou a vida de mulleres relevantes ao longo da historia: escritoras, actrices, químicas, mestras, activistas... Todas elas contribuíron, dun xeito ou doutro, ao avance da sociedade.

Que mellor ocasión que o 8M para repasar as súas vidas e darlle o lugar que se merecen!

Para rematar fixemos uns artísticos murais que quedaron así de xeitosos! 






miércoles, 1 de marzo de 2023

SAÍDA AO TEATRO

 Hoxe fixemos unha saída ao teatro en Pontevedra. Foi unha mañá moi intensa. Ao rematar a obra, merendamos. A continuación, fomos ao parque a xogar e pasámolo moi moi ben!!!