As nenas e nenos de terceiro estiveron aprendendo o nome dos ósos e dos músculos. Para iso, elaboraron uns divertidos móbiles sobre o corpo humano.
Quedaron chulísimos!!!
As nenas e nenos de terceiro estiveron aprendendo o nome dos ósos e dos músculos. Para iso, elaboraron uns divertidos móbiles sobre o corpo humano.
Quedaron chulísimos!!!
O pasado venres celebramos o Samaín no cole. Na clase de terceiro pasámolo de meeedo!!
Velaquí os nosos disfraces!!
Investigaron sobre a súa orixe e, agora, xa todas e todos sabemos que
provén dos pobos celtas.
A información quedou recollida nestes orixinais dípticos que as nenas e nenos decoraron dun xeito marabillosamente tétrico!
As nenas e nenos de terceiro están investigando sobre o corpo humano. Empezaron elaborando unha liña coas etapas da vida. Para iso utilizaron recortes de revistas. Este foi o resultado!!
![]() |
As nenas e nenos de 4ºB estiveron traballando os números de 5 e 6 cifras de maneira manipulativa. Así, puideron ver e tocar grandes números que se só os traballasen simbolicamente sería complicado de entender a súa composición, descomposición e o valor de posición (moi importante nas matemáticas manipulativas).
Deixamos unha serie de fotos onde poderedes ver a composición de números grandes.
Bo traballo!!!