lunes, 27 de enero de 2020

VISITA A SOGAMA

O pasado venres o alumnado de 4º, que está moi implicado co medio ambiente e a boa conservación do mesmo, visitou as instalacións de SOGAMA.

Ó chegar recibíronnos os educadores medioambientais que están ao servizo de Sogama e proporcionáronnos as explicacións  oportunas sobre o cometido desta empresa en Galicia.
Vimos a importancia de separar ben, para reciclar mellor, e quedamos abraiados/as coa montaña de lixo que alí tiñan.

Ó final da visita déronnos uns agasallos para non esquecernos nunca da importancia de reciclar nos nosos fogares.

Moitísimas grazas!




jueves, 16 de enero de 2020

PENSAMENTOS CREATIVOS

Nesta ocasión, as nenas e nenos de 4º puxeron en práctica o aprendido no 1º trimestre para plasmar en diversos thinking maps os distintos tipos de animais vertebrados e invertebrados que investigaron.

Unha vez feitos, a través da técnica de aprendizaxe cooperativo "quebracabezas", transmitiron a información adquirida ó resto de compañeiros e compañeiras para que todos e todas tiveran coñecementos dos distintos tipos de animais.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da tarefa:




martes, 14 de enero de 2020

COÑECEMOS O MUNDO

Dentro do proxecto anual de aula, as nenas e nenos de 4º estivemos buscando información interesante sobre os distintos lugares que cada neno e nena representa dentro do seu equipo: Vilna, Berlín, Manila... Grazas a isto aprendemos cousas como: comidas típicas, idiomas, bandeiras, moedas...

Finalmente, os resultados destas investigacións foron expostos na Biblioteca do centro.


Aquí volo deixamos:

           




           
             


                                   




sábado, 21 de diciembre de 2019

AMIGO/A INVISIBLE

Chegan as festas e, dado o éxito acadado o ano pasado, as nenas e nenos de 4º volveron a intercambiar agasallos do/a amigo/a invisible. Todos eles elaborados con materiais de refugallo que reutilizaron para crear estas obras de arte.


Unha vez máis fixeron cousas moi bonitas e orixinais. Aquí as deixamos:




FELICES FESTAS!!!

sábado, 14 de diciembre de 2019

CONDUTA PAS (Protexer, Avisar e Socorrer)

As alumnas e alumnos de 4° de Primaria participaron nun obradoiro impartido por persoal da Cruz Vermella na nosa Biblioteca. Aprenderon nocións básicas de primeiros auxilios, que lles permitirá coñecer mellor as situacións máis habituais de emerxencia e como actuar con orde e serenidade ante as mesmas.


Moitísimas grazas!!!

                       Sumádevos a practicar os primeiros auxilios como estes nenos e nenas!!!





viernes, 13 de diciembre de 2019

AS FAMILIAS PARTICIPAN

Que mellor maneira de rematar o proxecto do corpo humano que manipulando e xogando cunha réplica do noso corpo. Ademais, a través deste xogo puidemos ver en 3D os órganos traballados en semanas anteriores.

Todo isto grazas á colaboración de José e a súa familia, que nos facilitaron esta magnífica actividade, permitíndonos aprender xogando.