martes, 11 de junio de 2019

MARTIÑO E O CAMIÑO. Misión 3

A misión 3 estaba directamente relacionada coa seguridade viaria en bicicleta xa que a Martiño se lle ocorreu facer unha das rutas do Camiño de Santiago neste medio de transporte. Para iso unha vez máis tivemos que facer uso do site de investigación onde aprendemos moito sobre elementos de seguridade, normas e sinais de circulación para finalmente crear un tríptico informativo.




Unha vez rematados os trípticos, tocou o momento de xogar co Bee Bot para resolver os retos cos que Martiño se atopou na vía. Foi moi divertido buscar o sinal que daba resposta ao reto proposto.


viernes, 7 de junio de 2019

A creatividade nas ciencias

Nestes últimos meses os cativos e cativas de 3º estiveron realizando distintos traballos sobre temáticas relacionados coas ciencias.

Traballaron temas como as enerxías renovables e non renovables, as liñas do tempo e as consecuencias da catástrofe do Prestige entre outras.

De todas elas saíron traballos moi interesantes e aquí vos deixamos os resultados.






jueves, 6 de junio de 2019

A Pirata Mimi ensina as Illas Cíes

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso ás Illas Cíes. Esta visita permitulle contemplar cos seus propios ollos contidos traballados durante todo o curso, como a gran variedade de vexetación das illas, a diversidade de especies mariñas ou as graves consecuencias que tivo a catástrofe do Prestige para o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. 


Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que as nenas e os nenos puideron comprobar en primeira persoa todos os datos recollidos nos meses anteriores. E, sobre todo, descubrir o lugar no que habita a Pirata Mimi, a encargada durante o curso de enviar tarefas e dar información ao alumnado de 3º e 4º.



Tamén houbo tempo para o desfrute e a ledicia de celebrar a recta final deste curso 2018 - 2019 en sintonía e boísima compañía.




Unha auténtica gozada!!!

domingo, 2 de junio de 2019

A ilusión apodérase de nós

Despois de moitas actividades e tarefas, o alumnado de 3º conseguiu rematar o quebracabezas do proxecto anual. Isto permitiulles descubrir a recompensa final...

Unha excursión ás ILLAS CÍES!

Para saber se lles fixo ilusión, só hai que ver as súas caras.



O luns arrancamos a aventura.


A PIRATA MIMI

Durante o verán pasado Mimi descubriu que é familia do último pirata do Atlántico, sabedes quen é? Efectivamente, é o pirata pontevedrés Benito Soto. 

Este descubrimento fíxolle moita ilusión e quixo compartilo connosco propóndonos un conxunto de retos propios dos máis hábiles grumetes, posto que para resolvelos precisamos usar habilidades de linguaxe, coñecementos matemáticos e científicos, destrezas de debuxo, traballar en grupo, realizar investigacións....


Cada certo tempo Mimi enviábanos unha carta na que nos dicía que reto debíamos afrontar e despois de superalo nos mandaba unha peza dun quebracabezas que representaba o mapa dun tesouro que tiña agochado o pirata Benito Soto. 


Reto a reto, a veces con algunha que outra dificultade, fomos construíndo o mapa do tesouro que finalmente nos levou a coñecer o Parque Nacional das Illas Cíes.



Ben feito grumetes!!

jueves, 30 de mayo de 2019

Levántase a sesión!!

A comezos do mes de maio, a xuíza Encarna convidou ao alumnado de 3° de Primaria a coñecer os xulgados de Caldas de Reis e presenciar un xuízo en directo.

Por suposto que aceptamos a invitación, e aló fomos. Ademais, aproveitamos para facer un percorrido pola Vila Termal e logo repoñer forzas no Xardín Botánico.

Unha vez máis, moitas grazas Encarna pola túa hospitalidade! 

Pasámolo xenial!