jueves, 2 de mayo de 2019

MARTIÑO E O CAMIÑO. As lonxitudes do camiño

Como complemento á primeira misión e co fin de axudar a Martiño a elixir a ruta a facer para chegar ata Santiago, dende a área de mates estivemos buscando as lonxitudes de cada unha das rutas para rexistralas nunha táboa de datos e posteriormente convertelos nun gráfico de barras. 

A que agora é máis sinxelo tomar unha decisión? 


A ver que nos conta Martiño na seguinte misión!






jueves, 25 de abril de 2019

MARTIÑO E O CAMIÑO. Misión 1

Hoxe foi un día especial xa que recibimos a mensaxe dun novo amigo, MARTIÑO. 

Martiño é un rapaz que chegou a nosa biblioteca cun libro debaixo do seu brazo, O clan de Martiño de Roberto Rivas, Iván Bello e Ana Seoane que nos acercaron a historia de Barro dende a Prehistoria ata a actualidade. 


Grazas por este marabilloso regalo literario que fixo que Martiño e a súa familia quedasen a vivir na nosa biblioteca.

Nesta carta Martiño contounos con axuda de Mimi que ten un soño: realizar o camiño de Santiago. Así que pediunos axuda para descubrir esta ruta tan interesante a través dunhas misións que podedes coñecer na seguinte web:



A primeira misión consistiu en investigar sobre a orixe do camiño, as rutas existentes, os símbolos que o representan e guían aos peregrinos... Polo que con axuda dos nosos ordenadores e a través do traballo en equipo conseguimos completar esta misión.




martes, 23 de abril de 2019

Un libro, un tesouro.

O 23 de abril é o Día internacional do Libro. Data establecida Pola UNESCO en 1995 atendendo á casualidade da morte dos escritores  Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o inca Garcilaso de la Vega.

Unha conmemoración que se festexa en todo o mundo e que busca, sobre todo, fomentar a lectura.

Os nosos nenos e nenas de 3° non quixeron ser menos e por iso crearon estas animacións.


Para crecer e crecer moitos contos debes ler!

AMIGO/A LECTOR/A

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro e os rapaces e rapazas de 4º participaron nun amig@ invisible un pouco peculiar, xa que o agasallo non era ningún obxecto físico senón unha viaxe a outros mundos: mundos fantásticos, reinos encantados, illas desertas, covas enmeigadas... Como é isto posible? Pois porque o seu agasallo foi unha lectura escollida persoalmente para o seu amig@ invisible.


En primeiro lugar, houbo que elaborar as tarxetas para o cal os mozos e mozas de 4º se puxeron enseguida mans a obra, recortando e pegando ese globo que transportará ao seu amig@ a un mundo de diversión.


Despois, tocou ir a biblioteca en modo silencioso, case como espías, para que o amig@ secret@ non se decatase de que libro lle iamos regalar. Unha vez elixido, houbo que escribilo con moito sixilo na tarxeta sen que ninguén vise o escrito.


E, finalmente, chegou a mellor parte: entregar o noso gran agasallo!


FELICES LECTURAS!

sábado, 13 de abril de 2019

A PASCUA CHEGOU

Para celebrar a Pascua, os nenos e nenas de terceiro curso decidiron elaborar uns lapiseiros para gardar as súas ferramentas de traballo. Ademais, aproveitaron o derradeiro día de clase, antes das vacacións, para decorar uns ovos de Pascua co obxecto de regalarllos a compañeiros, compañeiras e familiares.




Desfrutade das vacacións! 

Regresamos en breve. 

viernes, 12 de abril de 2019

OBRADOIRO HABILIDADES SOCIAIS

    O mércores, día 10 de abril, o alumnado de 3º nivel participou nun obradoiro de Habilidades Sociais promovido polo Concello de Barro e desenvolvido por Julia Búa, técnica en prevención de drogodependencias e condutas adictivas.



Traballaron coas emocións e o valor da autoestima e reflexionaron sobre sí mesmos, especialmente no tocante a importancia e valor das cualidades de cadaquén.

Moitísimas Grazas, Julia!!!