Aquí temos o resultado do pequeno traballo de investigación que fixemos @s alumn@s de 4º sobre os Piollos.
Por unanimidade a este traballo puxémoslle o título de "Pilla Piollos".
Neste enlace podedes ver o libro que fixemos.
miércoles, 9 de noviembre de 2016
martes, 8 de noviembre de 2016
SAMAÍN
Con motivo da celebración do Samaín no colexio fixemos moitas manualidades. Aquí temos algunhas delas ...
viernes, 21 de octubre de 2016
LEMOS A ROALD DAHL
jueves, 9 de junio de 2016
Dúbidas co Aeroday
Algunhas personas están a preguntar dúbidas sobre o concurso Aeroday, así que imos aclarar un par de cousas:
1ª) Como se explica no reglamento, os avións das modalidades que teñen que voar hai que entregalos por anticipado: con deixalos na aula de 4º o luns día 13 é suficiente. Os avións da modalide tuning non se entregan antes por varios motivos: para non estropear as decoracións, para conservar o factor sorpresa,...
2º) A ficha de inscripción ten tres recadros, un por cada modalidade, que teñen que estar cubertos para poder participar. Obviamente os verificadores deixarán unha marxe de erro (ninguén vai ser descalificado por un par de milímetros), pero si que aplicarán unha penalización polos datos que estén claramente incorrectos (-1m por cada un), ou directamente impedirán participar ós que directamente non respondan.
3º) O modelo de avión en calquera das tres modalidades é libre (e a cor do folio tamén). É máis, animámosvos a que fagades deseños complexos, variados, innovadores,... Como moitos/as só dominades o modelo dart, tamén chamado arrow (dardo ou frecha), imos facer unha recomendación: visitade as seguintes páxinas web... e deixade voar a vosa imaxinación.
1ª) Como se explica no reglamento, os avións das modalidades que teñen que voar hai que entregalos por anticipado: con deixalos na aula de 4º o luns día 13 é suficiente. Os avións da modalide tuning non se entregan antes por varios motivos: para non estropear as decoracións, para conservar o factor sorpresa,...
2º) A ficha de inscripción ten tres recadros, un por cada modalidade, que teñen que estar cubertos para poder participar. Obviamente os verificadores deixarán unha marxe de erro (ninguén vai ser descalificado por un par de milímetros), pero si que aplicarán unha penalización polos datos que estén claramente incorrectos (-1m por cada un), ou directamente impedirán participar ós que directamente non respondan.3º) O modelo de avión en calquera das tres modalidades é libre (e a cor do folio tamén). É máis, animámosvos a que fagades deseños complexos, variados, innovadores,... Como moitos/as só dominades o modelo dart, tamén chamado arrow (dardo ou frecha), imos facer unha recomendación: visitade as seguintes páxinas web... e deixade voar a vosa imaxinación.
- A web Avioncitos de papel ten moitos modelos e trucos.
- En FoldNFly, unha das páxinas clásicas, incluso están os modelos clasificados e explicados (nunha web dun xornal español comentaron as súas explicacións fai pouco)
- Outra web moi coñecida, que tamén ten instruccións, é Funpaperairplanes, de visita recomendada.
- E outra máis con moi bos videos: Paperaeroplanes (onde comprobaredes o chulos que quedan se usamos papeis de cores).
- A portal Papiroflexiamania ten unha sección dedicada ós avións, como non podía ser doutra forma, na que atoparás videotitoriais.
- O mesmo pasa cunha páxina similar pero en inglés: Origami-instructions.
- Veña, outra web en inglés con varios modelos sinxeliños: non vos preocupedes, só con ver as imaxes chega.
- Tamén neste post de Taringa explican 12 modelos, e neste outro 20, así que por información non será, non?
miércoles, 8 de junio de 2016
Aeroday
O alumnado de 4ª de primaria organizou un pequeno concurso de avións de papel, que terá lugar o vindeiro martes día 14 de xuño, no Pabellón de Barro. Hai tres modalidades de participación:
Poderán participar o alumnado de 4º, 5º e 6º, ademais dos adultos que o desexen. Para inscribirse haberá que cubrir a ficha de inscrición, cos datos e cálculos correspondentes (este é un requisito impresncible), e deixala na aula de 4º ata o día 13 de xuño. Tedes a información completa nas bases que podes consultar a continuación (ou descargar aquí):
- DIN-A Jet, que consiste en facer un avión cun folio e lanzalo, gañando o que chegue máis lonxe.
- Tuning, na que o importante é a decoración e a complexidade do avión (sen ter que lanzalo), e que será valorado por un xurado
- XS-XL, na que propoñemos un reto: facer o avión máis grande e o máis pequeno posible, que consiga voar unha distancia mínima.
Poderán participar o alumnado de 4º, 5º e 6º, ademais dos adultos que o desexen. Para inscribirse haberá que cubrir a ficha de inscrición, cos datos e cálculos correspondentes (este é un requisito impresncible), e deixala na aula de 4º ata o día 13 de xuño. Tedes a información completa nas bases que podes consultar a continuación (ou descargar aquí):
sábado, 4 de junio de 2016
DANIEL MOREIRAS E IVÁN CAPÓN RECOLLEN O PREMIO MIMI
O luns 30 de maio, dous integrantes de Páramo Pictures, Daniel Moreiras e Iván Capón, viñeron ata Barro para recoller o VIII PREMIO MIMI.
Pasámolo xenial batendo palmas, cantando e, sobre todo, rindo. Podedes comprobalo premendo no enlace do blogue da biblioteca:
Foi emocionante subir ao escenario e facermos unha foto con eles. Que pena que non puidera vir María Portero !
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







