jueves, 12 de febrero de 2026

Disfraces do segundo ciclo!!

 Como ben sabedes, no cole estamos a traballar todo o relacionado coa novena arte: a banda deseñada, dentro do proxecto "NovenArte".

Con tal motivo, este curso, co noso disfrace, quixemos converternos en onomatopeas de cómic. Mirade que guapiñas e guapiños ibamos...


 


    

                        VIVA O ENTROIDO!!!!!!!!!!!

lunes, 2 de febrero de 2026

Feliz día da Candeloria!!

 Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, o día das candeas,  o día do amor en Galicia, o día no que casan os paxariños... está claro que na nosa cultura este é un día importante, posto que marca o final próximo do inverno e o pronto despertar da natureza.

A nós, no cole, gústanos celebralo como "o día no que casan os paxariños", tradición oral moi arraigada no noso concello.  Cada 2 de febreiro nalgunha das nosas casas escóitase "hoxe os paxariños casan". 

 Para conmemorar este día, nas aulas de terceiro, enchemos as ventás de fermosos paxaros.

 



 Ademais, fixemos unha breve recollida de refráns relacionados con este día.


 FELIZ DÍA DA CANDELORIA💕

 

viernes, 16 de enero de 2026

COÑECER PARA CONSERVAR

 Hoxe veu visitarnos Yolanda que é oceanográfica e investigadora no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. A súa visita enmárcase dentro do proxecto  "Alfabetización oceánica. Coñecer para conservar" e parte da premisa que "se coñecemos mellor os ecosistemas seremos quen de preservalos mellor". 

Fixemos catro obradoiros: un de recoñecemento de imaxes impresas con microscopio e imaxe real, outro de recoñecemento de animais e os seus hábitats, un de contaminación nas praias e, por último, un de estudo da area a través dun visor microscópico. 

Falounos un pouco do seu traballo no CIM, da importancia dos océanos para a vida na Terra, da necesidade de deixar de contaminar o noso planeta e algunha que outra característica curiosa do melgacho ou pintarroja, da lamprea, do plancton...

A continuación deixamos unhas imaxes do que foron estes obradoiros.




 MOITAS GRAZAS YOLANDA!! 

GRAZAS POR ESTE TIPO DE INICIATIVAS TAN ENRIQUECEDORAS!!

jueves, 20 de noviembre de 2025

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA 2025

Para conmemorar o 36 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia que se cumpre hoxe, o alumnado de Proxecto Competencial de 3º de Primaria creou un fermoso cómic con debuxos e viñetas de diferentes dereitos que teñen as nenas e nenos e os seus correspondentes deberes. Como colofón, o cómic foi presentado ás demais compañeiras e compañeiros de nivel, celebrando así de ben esta data tan especial.

Agardamos que vos guste!

POR UNHA INFANCIA FELIZ!!!


jueves, 13 de noviembre de 2025

Caixas magosteiras!!

 Hoxe celebramos o magosto no cole, nas aulas de terceiro quixemos facer unhas caixas para poder recoller as nosas castañas asadas e merendalas.

 

 


 Velaí o resultado!!!!

QUEDÁRONNOS FERMOSÍSIMAS!!!!👌


 

viernes, 24 de octubre de 2025

OBRADOIROS DE ARQUITECTURA NO 2º CICLO

 Con motivo do Día Mundial da Arquitectura, que se celebra o primeiro luns de outubro, fixemos unhs obradoiros vencellados a esta disciplina da man de Sheila García e asociación Cultura Tirante e o Colectivo Costa Oeste.

 As alumnas e alumnos do segundo ciclo tivemos a oportunidade de participar en catro obradoiros, distribudos por cursos, e onde poidemos explorar o espazo, os materiais e a luz dende o eido da arquitectura.

 Elaboramos maquetas onde deseñamos como nos gustaría que fose o espazo público, como nos imaxinamos que sería a nosa casa dentro de cen anos, sobre a paisaxe galega e estoxos decorados por transferencia textil con imaxes da arquitectura moderna.

A continuación deixamos imaxes de diferentes momentos dos obradoiros: 


 

Hoxe, venres, fomos ver a exposición dos nosos traballos e unha colección de fotografías relacionadas coa arquitectura. 

                    VELAÍ O NOSO TRABALLO!! 

       Moitas grazas Sheila pola túa labor e o teu bo facer!!